Amárrote con forza, non me soltes, non te solto, xa rabuño a corda que me agarra aos tempos mozos onde me quería. Pero máis forte cada vez, o vento dos anos arrástrame ao odio por min mesma, eu mesma e a vellez...
Apertan as papoulas as herbas finas, que danzan contra o vento frío. Sinte o oso, de xoguete, na pelaxe azulada, os bicos das nubes. Os cabelos estendidos empurran a nena e os pés, en movemento, calcaños contra terra que se ergue, manchan os zapatos. A súa loita sumida na ingravidade da mañá de outono, a corda estírase. As fragancias violetas, de azucre, e o ton melancólico da nenez, lonxe. Busca, nas lembranzas, os números, difusos, da mariola. O fío escáchase contra a forza que arrinca as pólas das árbores e o xogo da infancia foxe, entre as barreiras invisíbeis da presión atmosférica. A metamorfose remata cun papaventos esquecido.
Son moitas as ocasións nas que recordo a miña infancia. Son moitos os momentos nos que penso no que me gustaba. Moitos son os tempos onde penso con quen xogaba. Mais todos desvanécense coma papaventos que un día voaba
Mariola Marioliña, a ti xogaba dende que era meniña cunha pedra e uns cadros pasaba o tempo dando saltos no outono xogaba cando o vento na cara me daba era cando mellor o pasaba
Mariola no outono,
ResponderEliminarpapaventos na primavera,
todolos anos
marcse a tendencia
David Méndez
A mariola de cores,
ResponderEliminarcada un é un sentimento da infancia.
Diana Reija Fernández
A mariola voando,
ResponderEliminaros números no ceo,
cousas de pequenos.
Maitane Arias Meléndez
O papavento voa
ResponderEliminarcoma os numeros na miña cabeza
coloridos coma unha mariola
Amárrote con forza, non me soltes, non te solto,
ResponderEliminarxa rabuño a corda que me agarra aos tempos mozos
onde me quería.
Pero máis forte cada vez,
o vento dos anos arrástrame
ao odio por min mesma,
eu mesma e a vellez...
Adriana Fernández e Alejandro Blanco
Nena xa é hora!
ResponderEliminarSen previo aviso
chegaron os dazaseis,
hora de crecer.
Nena xa é hora!
Libros por contos,
tacós por bonecas,
responsabilidades por solos.
Nena xa é hora!
Un camiño que percorrer,
outos lugares a os que chegar
e unha nova historia que escribir
Nena xa é hora!
Espera nai,
só quiero xogar
un pouco máis.
Mical G. L.
A mariola é como un arco da vella
ResponderEliminarsituado no ceo, coma un papaventos
foxe e voa dos nenos
que xogan con pedras a carón dela.
Noemí Díaz e Andrea Lamas
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarMariola pintada
ResponderEliminarnun ceo cían
suxeita por mans
de verde infancia.
Mariola pintada
de números e cores
levada polo vento
en busca da liberdade.
Victoria Núñez Silva.
Apertan as papoulas
ResponderEliminaras herbas finas,
que danzan contra o vento frío.
Sinte o oso, de xoguete,
na pelaxe azulada,
os bicos das nubes.
Os cabelos estendidos
empurran a nena e os pés,
en movemento,
calcaños contra terra que se ergue,
manchan os zapatos.
A súa loita
sumida na ingravidade
da mañá de outono,
a corda estírase.
As fragancias violetas,
de azucre,
e o ton melancólico
da nenez,
lonxe.
Busca,
nas lembranzas,
os números,
difusos,
da mariola.
O fío escáchase contra a forza
que arrinca as pólas das árbores
e o xogo da infancia
foxe,
entre as barreiras invisíbeis
da presión atmosférica.
A metamorfose remata cun papaventos esquecido.
Rosalía Bernárdez Riopedre
A mariola ten unha cor especial
ResponderEliminarOs nenos xogan cun memso fin
Entre a herba verde e as árbores espidas
Oxalá fose eterno este luscofusco
Hugo Lugilde, Xabier García e Pepe Galocha.
Son moitas as ocasións
ResponderEliminarnas que recordo a miña infancia.
Son moitos os momentos
nos que penso no que me gustaba.
Moitos son os tempos
onde penso con quen xogaba.
Mais todos desvanécense coma papaventos
que un día voaba
Mariola Marioliña,
a ti xogaba
dende que era meniña
cunha pedra e uns cadros
pasaba o tempo dando saltos
no outono xogaba
cando o vento na cara me daba
era cando mellor o pasaba
Sergio Andión y David Otero
Memorias debuxadas nun papaventos
ResponderEliminarIria Burgo Rodríguez
O ceo corido e as árbores sen follas
ResponderEliminarmentres eu voo coma unha tola
brincando na mariola
Marco Andón 2ºA
Co papaventos voando ao vento
ResponderEliminarnós correndo entre as árboles sen folla
desfrutando da vida nova mentres
plantamos unha mariola
Iago Rebolo, 2ºA
O vento xoga á mariola
ResponderEliminarpapaventos da neniña
o tempo voa canda eles.
Isabel López 2ºC