luns, 14 de febreiro de 2022

DOBRE GAÑADORA DO CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO!

Encetamos a semana cunha boísima nova. A alumna de 4º de ESO Rosalía Bernárdez Riopedre resultou gañadora na súa categoría do 27 CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO por segunda vez! 👏👏👏 Rosalía (ese nomeee🤔🤔) conseguira o 1º premio hai dous anos. 
Moitos parabéns, Rosalía! Tes sitio na casa para tantos premios literarios? Toda unha honra para o noso centro ter alumnado tan talentoso.

3 comentarios:

  1. Parabéns para Rosalía e o seu profesorado.
    Un gran orgullo para o noso instituto.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns, Rosalía. Os teus profes estamos moi ledos e orgullosos

    ResponderEliminar
  3. Felices cos éxitos do noso alumnado. Parabéns, Rosalía. 👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar