Co gallo do programa Erasmus + que coordina o IES Leiras Pulpeiro, tivemos o praces de contarmos coa presenza de Catarina e mais Hugo, os dous docentes do centro asociado de Valença do Minho. Unha das actividades nas que participaron foron unhas aulas especiais nas que as compañeiras Inma e Esperanza, do EDLG, falaron ao alumnado dun grupo de 3º e 1º de ESO, respectivamente, dos fortes vínculos das dúas linguas, a súa orixe común, as súas similitudes, a lusofonía,, os "falsos amigos", que tan divertidos equívocos provocan😂😆, etc. Os profesores lusos, á súa vez, falaron do seu sistema educativo e da súa escola.
Unha actividade xenial na que tanto os alumnos galegos coma Hugo e Catarina se comprenderon sen problema ningún. Muito obrigados!! 💕
Ningún comentario:
Publicar un comentario