A que non sabiades que outubro é o Mes das Escritoras? 👩👵👧📝📚Nós tampouco. Por ese motivo ímosvos dar a lata para que participedes no Certame SNL de Microrrelato en Feminino #MicrorrelatAs. Cada semana lanzarán catro palabras en feminino e vós tedes que enviar os microrrelatos a este correo inscricionlingua@coruna.gal.
Velaquí as bases:👇👇
- Hai dúas categorías: até 18 anos e maiores de 18. Asinarase o relato co nome, apelidos e idade.
- O concurso comezará o 4 de outubro e rematará o 29 de outubro. Faranse catro quendas semanais nas que o luns publicarán as palabras para incorporar. Seleccionarán o microrrelato gañador os venres a partir das 14h.
- Os textos serán en lingua galega.
- Só se poderá participar cun texto cada semana.
- A persoa gañadora unha semana non poderá seguir participando nas seguintes.
- O texto terá un máximo de 10 liñas escrito en letra ARIAL 12. Deberá conter polo menos dúas das catro palabras que se lancen cada semana.
- O xurado terá en conta a orixinalidade, a concisión, a forma do relato, así como a corrección gramatical e ortográfica.
- Os microrrelatos serán publicados nas redes (Facebook e Instagram) de Normalización do Concello de A Coruña, segundo os vaian recibindo.
- O premio consistirá nun lote de libros e produtos culturais.
- Se a situación sanitaria o permite a entrega realizarase de xeito presencial.
- Se o xurado o considera, poderanse conceder un ou varios accésits.
Así que xa sabedes, dádeslles a lata cos MicrorrelatAs!
Ningún comentario:
Publicar un comentario