venres, 11 de xuño de 2021

UNHA ALUMNA DO LEIRAS PULPEIRO, GAÑADORA PROVINCIAL DO 3º PREMIO COCA-COLA DE NOVOS TALENTOS

Hoxe venres temos outra boa nova que festexar👏👏👏🎉🎉: dos 316 relatos presentados, a alumna de 3º de ESO, Adriana Fernández Pazó resultou gañadora provincial do 3º premio do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto! 

A gala de entrega tivo lugar ás 11h da mañá.... na aula de Informática 2, porque ben sabedes que este ano as cousas teñen que ser así, a distancia, mais pasamos os mesmos nervios e emoción que coma se fose presencial.😌😂😵😰

Bravo, Adriana, sigue escribindo e bravo, os demais alumnos e alumnas do noso centro que participaron. Xa oístes ben á organizadora, levoulles moito traballo decidirse pola boa calidade dos relatos. 👌👍👍














Ningún comentario:

Publicar un comentario