luns, 17 de maio de 2021

O DÍA DE XELA

Co gallo do día, semana e mes dedicado ás nosas letras, parte do profesorado e persoal non docente do noso centro recitou📜 versos varios de Xela Arias. Este curso non puidemos organizar o recitado de xeito presencial como adoitabamos facer outros anos😷 mais non por iso iamos deixar de realizar a actividade. 

Compañeiras e compañeiros, agradecemos sinceramente a vosa colaboración, tanto os/as que participades neste vídeo, coma os/as que recitastes no podcast da Radio Leiras. O resultado á vista queda👌...  Agradecemos a Xabi Díaz a montaxe dos vídeos e a María Cabo a escolla musical. Grazas a este traballo conxunto, Xela é homenaxeada como merece dende o IES Leiras Pulpeiro amosando a orixinalidade e forza dos seus poemas. A poesía non entende de Departamentos didácticos, de materias ou de papeleos nin de pandemias.

Que duren mil primaveras máis as Letras Galegas!💙



Ningún comentario:

Publicar un comentario