No noso caso, fomentamos a lectura de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e encántanos💟 que alumnas e alumnos nos relaten as súas experiencias lectoras. Lembrade que na nosa literatura temos moitas autoras e autores premiados e recoñecidos nacional e internacionalmente.😎
É o caso de Rita López, que nos fala no vídeo dun libro que lle gustou moito, Tres Catorce Dezaseis, de Rocío Leira📙; o de Diego Iglesias, que fai o propio con Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas📗 e o de Uxía Arias, que gozou de nena con A bruxiña da sorte, de Concha Blanco..
Escoitádeos, paga a pena. A opinión dos nosos lectores noviños ten moito valor para nós.👌
Ningún comentario:
Publicar un comentario