xoves, 21 de xaneiro de 2021

ENTREGA DE PREMIOS DE POESÍA DE NADAL NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO

Recitando o poema no
 Salón de Actos da Biblioteca
Tal como quedaramos acudimos á entrega dos Premios do Certame de Poesía de Nadal, que tivo lugar na Biblioteca Pública de Lugo. Alí Paula Núñez recibiu o seu merecido 3º premio - un diploma, un lote de libros, unha máscara e un marcapáxinas😊📚📜- e recitou o seu poema 🎤 Un Nadal diferente (moi atinado o título). 

Parabéns á gañadora e que as alumnas e alumnos do noso centro nos sigan alegrando cada ano conseguindo premios literarios.👍👍👍👍




Posando coa súa orgullosa profe de Galego
Posando coa súa orgullosa profe
    

As rapazas e rapaces gañadores dos premios posando
na entrada da Biblioteca



Ningún comentario:

Publicar un comentario