martes, 22 de decembro de 2020

UNHA BANDA SONORA PARA O LEIRAS

Para despedírmonos por este ano e vos desexar unhas Boas Festas de Nadal presentámosvos o estupendo traballo realizado pola compañeira Noemí co alumnado de ESO de 1º B e 1º C

Chámase A banda sonora do Leiras e é un proxecto colaborativo que ten como produto final unha lista de reprodución en Spotify que leva o mesmo nome. O alumnado foi recollendo ao longo do trimestre música actual en galego de distintos xéneros e grupos coa finalidade de coñecer a nosa cultura musical e artística 🎶🎵👈 

Esta lista de reprodución está en aberto, polo que calquera alumno ou alumna  doutros cursos pode engadir as cancións que máis lle guste e así poñerlle banda sonora ao instituto.  🎶💃💃

Premede en Banda Sonora Leiras para escoitalas. 

Excelente iniciativa! 👏👏👏 Que vos preste escoitar e descubir a nosa música!

E Bo Nadal a todas e todos! Pasádeo moi ben, sempre con sentidiño, que hai que voltar en boa forma!🎉🎄💝🙋

1 comentario:

  1. Grazas a Noemí e ao seu alumnado pola iniciativa.
    Xa que abrides a lista para irmos facendo achegas, deixo aí un par de temas da banda punk Terbutalina, que moito soou este ano por casa.

    ResponderEliminar