O noso xa amigo Andy tivo a xentileza de nos dedicar dous vídeos especiais para responder comentarios e consultas que alumnas e alumnos do noso centro lle fixeron nos outros vídeos da súa canle Mira quen fala galego. Pola nosa parte, o EDL tamén lle agradeceu a súa atención, tempo e amabilidade por responder a todo o mundo. Os rapaces e rapazas saudárono, déronlle os parabéns polo seu estupendo galego, interesáronse polo seu amor pola lingua e por Galiza e mesmo o retaron a acertar adiviñas ou a recoñecer expresións tan de noso. El di que aprende de nós pero somos realmente nós os que temos que aprender del.
Algúns dos alumnos amosaron o seu desexo de realizaren unha vídeo-charla con Andy e el está máis que disposto👏👏 Xa nos poñeremos ao asunto...
Grazas, Andy, sabemos que amas o verde de Galiza.☺💚
Un gusto escoitar a Andy falar galego e parabéns ao alumnado polas preguntas tan interesantes que lle formularon.
ResponderEliminarEncantoume que o noso alumnado contactara con Andy, todo un exemplo para moitos galegos que renegan da súa lingua.
ResponderEliminarOxalá podades realizar esa vídeo-charla con el! Seguro que tedes moitas preguntas interesantes que facerlle e el a vós.
Farémola, abofé.
Eliminar