Como o curso pasado non houbo posibilidade de participar na anterior edición do Concurso, por mor da situación sanitaria, este ano convócase a 12.ª edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto en formato 100 % dixital para seguir escribindo unha páxina máis do concurso con máis historia e máis historias.
Por ese motivo se o curso 2019/2020 eras alumna/o de 2.º de ESO e quedaches ás portas de participar no concurso, non te preocupes, nesta edición poderás participar aínda que esteas a cursar 3.º de ESO, con tal de que teñas menos de 16 anos.
A proba escrita será o día 5 de marzo de 2021 ás 11:00 e a inscrición poderase realizar ata o día 5 de febreiro.
Outra novidade: este ano toda a clase poderá ser a artífice do estímulo creativo! Todas as clases que vaian presentar alumnos e alumnas á proba escrita poderán concursar nesta fase, de forma voluntaria.
Poderás encontrar proximamente toda a información relativa a este punto na páxina web da Fundación Coca Cola
Moita sorte e animádevos a concursar! A creatividade é unha boa medicina en tempos de 😷
Ningún comentario:
Publicar un comentario