xoves, 28 de maio de 2020

#DetrásDoMostradorClarexaoCeo DESCONFINAMENTO DAS PALABRAS CON MEMORIA

Aproveitando este período de desescalada, varias palabras vanse botando fóra coma nós ;) É o caso das que saíron da casa de Roi, alumno de 2º de Bacharelato, que escoitou a súa nai e mais a súa avoa, ambas as dúas naturais de Sargadelos (Cervo)

Sabedes o que significan ataúlfo, cercelo, desavegoso, cazapelo ou lamprán? E a expresión Manda parexo!

Se tedes curiosidade premede en Palabras con Memoria, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  (AELG) xa as ten rexistradas no seu arquivo.

Milleiros de grazas polas vosas aportacións! :)))

Ningún comentario:

Publicar un comentario