luns, 13 de abril de 2020

#MiñaCasiñaMeuLar RESILIENCIA

 www.belenmartinfranco.com
Esa capacidade que temos os humanos de nos sobrepoñer ás dificultades e de controlar os nosos medos e tristuras chámase resiliencia e agora estámola demostrando e poñendo en práctica máis ca nunca nestes días de confinamento. Non sei se coñeciades de antes esta palabra que chegou a nós a través do inglés resilience, que a súa vez tomouna do latín resilire, que significa "volver dun chimpo", "rebotar". É o que estamos a facer agora. O vento pode abanearnos e sacudirnos canto queira pero non nos arrinca do chan e sempre volvemos ao sitio.
A resiliencia é un tema que tamén está presente nos versos dos nosos poetas máis coñecidos. Seleccionamos para vós esta estrofa do poema de Manuel María, "Canción da hora de deitarse"  do seu libro Poemas do lusco ó fusco. Desexamos que vos guste.     
                                                                                  
Mañá é outro día. I hai que dormir
Despois do sono chega o despertar.
Mañá é outro día. Hai que vivir.
¡E, si queremos vivir, compre loitar!" 


                                                                                   

Ningún comentario:

Publicar un comentario