mércores, 4 de marzo de 2020

#ErrantesPoloMundo_rdc_20 FESTEXAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Un chisco a contratempo, porque se nos cruzou o Entroido polo camiño 🐷🎉🎭, celebramos o nacemento de Rosalía de Castro. O alumnado de 2º de ESO A, coordinados pola súa profesora Juncal, homenaxeou a nosa poeta máis universal lendo o manifesto Errantes polo mundo e participando na actividade proposta pola AELG para ese día. Fixeron un traballo fantástico que poderedes ver exposto no corredor do centro. Antes, na biblioteca realizaron unha presentación das fotografías que escolleron para plasmar versos de Rosalía relacionados coa inmigración dos que tedes unhas mostras nesta entrada. O resultado foi espectacular👏👏👏👏 como podedes ver nas imaxes pero se queredes ver un resumo da actividade, ollade a nosa presentación (con Firefox, sempre).









Día de Rosalía 2020 on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario