xoves, 30 de xaneiro de 2020

VISITA DE MANUEL NÚÑEZ SINGALA

Hoxe, 30 de xaneiro, tivemos de visita ao escritor Manuel Núñez Singala, quen dedicou toda a mañá aos nosos alumnos e alumnas con dúas charlas, unha para o alumnado de 3º de ESO sobre o seu libro Camiños na auga e outra para o de 1º de Bacharelato, con quen falou sobre Instrucións para tomar café.
A seguir o autor tivo un encontro na Biblioteca do centro cos membros do Club de Lectura, que estiveron lendo Menú de enganos.
Esperamos que Manuel pasase unha mañá igual de agradable cá que a que pasamos nós con el
Agradecemos a Suso Coucheiro o fantástico debuxo que fixo de Nuñez Singala e a Susana García e a Ana Dopazo, pola exquisita decoración da exposición na biblioteca.👌
Para que vexades como transcorreu a xornada podedes ver as dúas presentacións abaixo. Lembrade, usade o buscador Firefox.




Núñez Singala 1 on PhotoPeach

 Núñez Singala 2 on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario