mércores, 4 de decembro de 2019

ESCOLLEDE A PALABRA DO ANO!

Cal coidades que pode ser a palabra do 2019? Como cada ano, o Portal das Palabras faivos esta proposta.

Tedes ata ás 23.59h do 15 de decembro para enviar a palabra en galego que máis vos guste, que máis vos chamou a atención ou que máis oístes todo este ano.

O 16 de decembro o Portal das Palabras amosará as palabras finalistas e poderedes facer a escolla da vosa preferida ate o 25 de Nadal 🎄

O 27 de decembro saberemos todos cal será a Palabra do Ano 2019! 🎉🎈

Animádevos a participar entrando nesta ligazón. Que gañe a mellor! 🏆

Ningún comentario:

Publicar un comentario