luns, 18 de novembro de 2019

GALEGO NUN COLEXIO DE NOVA YORK

 Sempre nos comprace saber e darvos a coñecer novas relacionadas coa nosa lingua no exterior. Desta volta enterámonos de que no Colexio PS183 da cidade dos rañaceos, os alumnos e alumnas falan até 44 idiomas, entre eles o galego!
Soubemos da noticia a través dun chío dun vigués residente en Nova York, pai do único alumno de orixe galega que estuda no colexio, que amosa orgulloso o nome do seu fillo debaixo da palabra "galego". As fotos son as que aparecen na conta de Twitter de seu pai.
Dende o IES Leiras Pulpeiro alegrámonos moito de que os galegos que residen no exterior se sintan orgullosos da súa lingua 👅💙





Ningún comentario:

Publicar un comentario