martes, 26 de novembro de 2019

CALENDARIO ESTIÑO 2020



Como cada curso, o EDL do IES Leiras Pulpeiro colabora na elaboración dos calendarios do Colectivo Estiño , que causan sensación polo seu corido e por dedicalos sempre a un tema relacionado coa nosa cultura. Para o ano 2020 o tema é o das froitas🍅🍇🍈🍊🍋🍒🍓🍐🍏🍎🍉, as tradicionais galegas ou as importadas doutras terras pero que na nosa se dan moi ben, como é o caso da froita que nos tocou debuxar: o mirabel,🍑 unha saborosa parente das ameixas, delicada e amareliña coma o ouro.
As alumnas e os alumnos de 1º e 2º de ESO puxéronse co tema estas pasadas semanas e os resultados podédelos ver na presentación que vos preparamos abaixo. Esperamos que vos guste e agradecemos un mundo a colaboración do alumnado participante.
Lembrade que a autora ou autor da froita escollida polos membros de Estiño, será agasallado/a cun calendario 2020. Quen será? Saberémolo prontiño😇

Non esquezades visionar a presentación co Firefox.


Calendario Estiño 2020 on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario