venres, 5 de abril de 2019

Comeza o CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2019!

Esta mesma semana convocamos, como cada ano, o Concurso Literario co gallo de conmemorar o  Día das Letras Galegas. Temos interesantes propostas que facervos nas diferentes modalidades: en poesía, dedicar uns versos ao voso lugar (rúa, barrio, aldea, vila, parroquia...); en relato curto, escribir unha carta á vosa avoa ou avó ou unha carta a un maltratador; incorporamos a modalidade de microrrelato ou micropoema que debedes presentar en formato postal axudándovos da aplicación de deseño gráfico www.canva.com. Enviade as vosas propostas ao correo eunfalar@gmail.com. Xa estamos a recibir cousas que nos están a gustar moito👌 Veña, que tedes ata o 30 de abril para mandar os vosos traballos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario