martes, 5 de febreiro de 2019

TOURIÑÁN SACA PEITO POLO GALEGO

 Touriñán nunha imaxe tirada de blog R
O simpático monologuista, presentador e actor, Xosé Antonio Touriñán, que todos e todas coñecedes polas súas aparicións nos programas Land Rober, Era Visto e na famosa serie Fariña, galardoada cos Premios Ondas, animou na II Gala dos Medios en Galego, a "máis que nunca a sacar peito coa nosa lingua".
O humorista de Culleredo foi o encargado de presentar a Gala na que se defendeu o uso do galego nos medios de comunicación, reclamando unha maior implicación das administracións públicas e unha lei de publicidade institucional coa finalidade de evitar a discriminación con respecto aos grandes medios de comunicación de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario