luns, 11 de febreiro de 2019

Petrarca en galego.

Como esta semana a Biblioteca do noso centro festexa o Amor 💓💕💔💖con maiúsculas, quixémonos unir á celebración coa lectura duns cantos sonetos nos que Francesco Petrarca, un dos pais do dolce stil nuovo, expresou coma ninguén este sentimento, hai sete séculos diso.
Temos a sorte de que outro gran sonetista, o poeta Darío Xohán Cabana, traducise ao galego o Cancioneiro do poeta toscano.
Deixámosvos coas lecturas de tres sonetos realizadas polas alumnas de 1º de Bac, Marta, Tania e Lucía.
Haberá unha segunda parte...








Ningún comentario:

Publicar un comentario