martes, 29 de xaneiro de 2019

E VOLVEMOS DE RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO!

Desta volta tocoulle ao grupo de 2ºA. A xulgar polas caras que lles vimos nas fotos da presentación debérono de pasar de medo 👻👻👻 Que boa idea a das catro rutas literarias para gozar do Museo da nosa cidade e para descubrir os misterios que agochan os catro relatos dos Contos de Fantasmas do Museo.  Os alumnos e alumnas estiveron acompañados polas profesoras Ana, de Lingua Castelá; Juncal, de Lingua Galega e Lidia, a profesora de Autismo. Un chisco de envexa deberon de ter vendo canto se divertía a rapazada cos xogos de pistas 😜

Botade un ollo á presentación se vos apetece ver como transcorreu a actividade.


Roteiros literarios no Museo Provincial 2019 on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario