xoves, 13 de decembro de 2018

SABELA pasa a final de OT cantando de novo en galego!

A nosa candidata favorita, a pontesa Sabela Ramil, non puido facer mellor escolla ao cantar Negro caravel, unha versión musicada por Rosa Cedrón e Cristina Pato, do poema de Rosalía de Castro. Coa súa fantástica interpretación conseguiu chegar á final de Operación Triunfo. Parabéns, Sabela, polo teu talento musical e por usar a nosa lingua para triunfar. Moita sorte! 🍀🍀



Ningún comentario:

Publicar un comentario