xoves, 20 de decembro de 2018

GRAZAS, SABELA

Non puido ser, a cantante pontesa non resultou a gañadora desta edición de Operación Triunfo. Non importa, co seu talento, traballo non lle ha de faltar. Ademais das súas innegables dotes musicais, Sabela Ramil marcounos por amosar o seu compromiso coa nosa lingua, non soamente escollendo temas en galego para cantar, senón tamén por se sentir publicamente orgullosa de ser galegofalante.

Bravo, Sabela, ademais de facelo de marabilla en OT, realizaches un gran labor de dinamización lingüística. Moita sorte e moitas galas!🍀🙌


1 comentario:

  1. Unha alegría que unha rapaza nova saiba valorar algo tan prezado como a lingua de noso.

    ResponderEliminar