Sabela, a concursante de As Pontes (A Coruña) desta última edición de Operación Triunfo, ten como lingua de comunicación habitual o galego e confesou o seu desexo de falalo de novo tras dous meses comunicándose só en castelán. Ela mesma sentíase rara ao dirixirse á súa nai en castelán dende o programa: Qué raro hablarle a mi madre en castellano. Mamá, encántanme as zapatillas que me compraches, pasou decontado ao galego. Sabela, residente na Coruña, está orgullosa de falar galego e non o agocha e nós estamos orgullosos dela.
Para os que non seguen o programa, agora é a favorita para gañar! Non esquezades que escolleu unha canción na súa lingua, "Benditas Feridas", de Rosa Cedrón para asegurar a súa continuidade no programa.
Moita sorte, Sabela, que triunfes!👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario