luns, 23 de abril de 2018
Xavier Senín e Paco Martín visitan o leiras
Visitáronnos no IES Leiras Pulpeiro os escritores Paco Martín e Xavier Senín, que se reuniron con alumnado de BAC ós que lles falaron da narrativa galega infantil e xuvenil de finais do s.XX e principios do XXI, do marco socio-político, do comezo da Lingua Galega no ensino, da importancia dos premio literarios nesa época…Subliñando a relevancia da obra de Paco Martín Das Cousas de Ramón Lamote, que recibiu que o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil no 1985, competindo con todas as obras publicadas no Estado Español nese ano. Ademais salientaron a figura de Mª Victoria Moreno que desenvolveu un papel destacado neste período.
A continuación reuníronse con alumnado do Club de Lectura e do Equipo de Normalización Lingüística. Paco Martín faloulles da súa produción literaria, Xavier Senín de traducións ó galego de diversas obras e ambos da escritora a quen homenaxeamos no ano 2018.
Esta actividade estivo organiza polo EDL e o Departamento de Lingua e Literatura
Xavier Senín e Paco Martín visitan o Leiras on PhotoPeach
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario