venres, 6 de xuño de 2014

O EDL por terras de Díaz Castro

Alumnado e profesoras do EDL do IES Leiras Pulpeiro percorremos Os Vilares, Trabada, Bascuas...no concello  Guitiriz, espazos vinculados vitalmente ó  poeta Xosé María Díaz Castro. Acompañamos nesta viaxe ó do Club Cultural Valle Inclán de Lugo que organizou esta -ruta homenaxe ao autor das Letras Galegas 2014.

Alfonso Blanco da asociación  Xermolos de Guitiriz guiounos nesta xornada festiva e cultural que nos permitiu afondar no coñecemento de Díaz Castro, gozar das paisaxes e do rico patrimonio cultural relacionado co autor chairego.

Puidemos escoitar un pequeno concerto de poemas de Díaz Castro musicados por Mini e Mero.

 
Por terras de Díaz Castro on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario