Os membros do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Leiras Pulpeiro asistiron á presentación da película Vilamor dirixida por Ignacio Villar. O director e os actores mantiveron unha charla co alumnado na que lle explicaron a importancia que ten que a industria audiovisual ofreza ós espectadores galegos produtos de calidade na nosa lingua. Falaron da experiencia da rodaxe e da aposta persoal que supón comprometerse nesta aventura tan arriscada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario