venres, 27 de marzo de 2020

#MiñaCasiñaMeuLar DÍA DO TEATRO. FARSAS DE CARBALLO CALERO

 www.belenmartinfranco.com
Como non podemos festexar o Día do Teatro como nos gustaría nin poder levar a cabo as actividades previstas arredor da figura de Ricardo Carballo Calero (conferencia no centro sobre a figura do autor e asistencia á representación das súas farsas), adaptarémonos á circunstancia e faremos mención á súa obra teatral, na que destacan pezas coma a Farsa das zocas, a máis coñecida, A arbre, o Auto do prisionero e A sombra de Orfeo. A faceta de dramaturgo do autor está en parte vinculada á súa etapa de profesor do Colexio Fingoi en Lugo. Se queredes coñecer algo máis sobre o teatro de Carballo Calero podedes ler este artigo de Henrique Rabunhal, Carballo Calero na historia do noso teatro. (premede no título)

 Tamén vos propoñevos para este día a lectura da peza de teatro de Raquel Couto, Móbiles, laretas colchóns de lá  Premede no título, pasade un anaco agradable -é moi curtiña- e se vos apetece, representádea na casa, pode ser divertido. 🎭

Ningún comentario:

Publicar un comentario