|
www.belenmartinfranco.com |
Como non podemos festexar o
Día do Teatro como nos gustaría nin poder levar a cabo as actividades previstas arredor da figura de
Ricardo Carballo Calero (conferencia no centro sobre a figura do autor e asistencia á representación das súas farsas), adaptarémonos á circunstancia e faremos mención á súa obra teatral, na que destacan pezas coma a
Farsa das zocas, a máis coñecida,
A arbre, o
Auto do prisionero e
A sombra de Orfeo. A faceta de dramaturgo do autor está en parte vinculada á súa etapa de profesor do
Colexio Fingoi en Lugo. Se queredes coñecer algo máis sobre o teatro de Carballo Calero podedes ler este artigo de Henrique Rabunhal,
Carballo Calero na historia do noso teatro. (premede no título)
Tamén vos propoñevos para este día a lectura da peza de teatro de Raquel Couto,
Móbiles, laretas colchóns de lá Premede no título, pasade un anaco agradable -é moi curtiña- e se vos apetece, representádea na casa, pode ser divertido. 🎭
Ningún comentario:
Publicar un comentario