mércores, 25 de marzo de 2020

#MiñaCasiñaMeuLar SEGUIMOS AO RESCATE DE PALABRAS CON MEMORIA

E isto foi o que conseguiron os nosos alumnos de 2º A de Bacharelato, Sergio, Irea e Adrián, darnos a coñecer voces coma canfusar, buqueira, richo, cameleiro, baluma, bieldo, emburatar, entre outras. Estas palabras proveñen de lugares da nosa provincia (Friol, Abadín, Pol....) e algunha veu visitarnos dende Cambados. Todas elas son benvidas! 💚

Grazas a eles aos seus transmisores entre os que se atopan familiares e tamén amigos.👨👩👴👵

Sigamos escoitando e lendo fermosas palabras en galego das persoas que máis queremos por teléfono, Skype, Whatsapp, libros, radio,etc💻📞📱📻📺📙📢📡 mais sempre na casa🏢🏡🏬 para poder saír dela o máis pronto posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario