É UN FALAR quere ser un espello do labor desenvolvido desde o curso 1999-2000 polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.
Somos quen de mostrar orgullo polo noso, sen desprezar outras culturas, para poñer en valor a nosa lingua neste mundo plurilingüe.
Somos quen de sumar afectos para comprometer a comunidade educativa no uso natural da lingua galega.
Somos quen de innovar e achegar a nosa cultura ás novas canles de comuncicación.
Este Equipo vencella a mocidade, presente e futuro da nosa lingua; co profesorado, necesario colaborador; e coas familias, transmisoras do patrimonio cultural e lingüístico.
Neste blog podes ver recitais, rap, contacontos, cancións, poemas, relatos, lendas, audivisuais de produción propias, revistas...todo en galego!
Ningún comentario:
Publicar un comentario