Páxinas

xoves, 12 de decembro de 2019

OBRADOIRO DE POESÍA DE NADAL

Durantes estes días os nosos alumnos e alumnas de 1º de ESO participaron nun obradoiro de poesía cun tema único: o Nadal.🎄🎉 O obxectivo, ademais de gozar xogando coas palabras e as imaxes, é tamén conseguir algún premio no Concurso Poesía de Nadal 2019 que organiza a Biblioteca Pública de Lugo. Certo é que participan moitos centros e non é doado pero quen
sabe se temos algún poeta agochado
entre as aulas do Leiras?📜
Gañen ou non, o caso é que a xulgar polas imaxes, divertíronse moito e foron bulindo as ideas💡💡 Iso é o que conta. Algunhas das sesións tiveron lugar na biblioteca do centro, que nos encanta💟, e outras nas aulas.






 Pódense engadir debuxiños?
 Material perfecto para o traballo
 Esta folla branca encherase de cores

Ningún comentario:

Publicar un comentario