Páxinas

luns, 16 de decembro de 2019

XA TEMOS O CALENDARIO DE ESTIÑO!


Nunca decepciona e así de fermoso e colorido quedou este ano este cesto de froitas varias 🍇🍏🍎🍒🍓🍋🍊🍍 Como xa vos contamos, as rapazas e rapaces de 1º e 2º de ESO traballaron co mirabel 🍑, a rica e delicada froita importada da Selva Negra á comarca do Rosal por un mestre nos anos 30 do século pasado . Entre todos os debuxos propostos, o colectivo Estiño, tivo que escoller un e non o tivo nada fácil porque había cousas ben bonitas.🎨
O mirabel seleccionado foi o da alumna Zeltia Regueiro de 1º C, que agora ten na casa un Calendario Estiño para alegrar o seu cuarto .
Botade un 👀 á parte esquerda de abaixo do cesto e veredes o debuxo de Zeltia.
Á volta do Nadal varias aulas, a conserxería e algúns corredores do centro van lucir o calendario 2020. Presta moito comezar o ano con tanta cor😃😄
Se queredes un, por 1,5€ é voso, só tedes que dar unha volta polo Departamento de Lingua Galega.
Parabéns, Zeltia, e moitas grazas aos demais alumnos e alumnas que participastes. Bo traballo!

 O mirabel do Leiras en detalle.

Ningún comentario:

Publicar un comentario