Páxinas

luns, 9 de decembro de 2019

AGASALLA EN GALEGO POLO NADAL

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de editar o seu Catálogo de Nadal 2019,  co que nos propón mercar os presentes de Nadal a un cento de empresas que apostan polo galego como lingua de comunicación e publicidade dos seus produtos 🎁🎁👈

Premede en Catálogo de Nadal 2019 e atoparedes libros, xoguetes, roupa, complementos, comida, instrumentos musicais e mesmo estabelecementos de turismo rural, cos que agasallar a familia, amizades ou vós mesmos...👕👜💍📚🎺🏀🍯🍰 durante estas Festas.

Apurade, que despois o Apalpador non dá feito con tantas encargas!😉

Ningún comentario:

Publicar un comentario