Páxinas

mércores, 20 de marzo de 2019

Xa temos a TÁBOA PERIÓDICA EN GALEGO

En marzo de hai 150 anos, o científico ruso Dimitri Mendeleiev ordenou por primeira vez 63 elementos químicos coñecidos. Cos anos fóronse engadindo máis, os últimos en decembro de 2018.

Co gallo desta conmemoración, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, a Real Academia de Ciencias e a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaron a primeira Táboa Períodica en lingua galega, unha importante iniciativa para dinamizar o ensino da materia de Química no noso idioma.

Mais tamén nos preguntamos: non vos parece un chisco contraditorio que se presente unha táboa periódica en galego que será enviada a todos os centros educativos de Galicia cando o Decreto do Plurilingüísmo non permite impartir nesa lingua a materia de Quimica? Abrimos o debate...

Ningún comentario:

Publicar un comentario