Páxinas

venres, 15 de marzo de 2019

# NovostalentosCocaCola, EN MARCHA!


 Uf, que nervios!
E hoxe venres deu comezo na Facultade de Humanidades de Lugo o concurso Novos Talentos de Relato Curto de Cocacola, que cada ano se convoca para o alumnado de 2º de ESO. 

Os rapaces e rapazas participantes teñen que elaborar un texto literario a partires de seis palabras a modo de estímulo creativo. Estas foron fervenza, mergullar, saudade, solpor, beizos e agarimar. Con estas fermosas palabras da nosa lingua poden saír composicións incribles. 
Paula, Samuel, Adrián, Aroa, moita sorte e 
grazas por participar!  
 Tomade nota das palabras...
















 Aló imos...





4 comentarios:

  1. Tocounos ser escritores por dúas horas, unha experiencia que recomendo a todas as rapazas e rapaces que teñan a oportunidade de vivila <3

    ResponderEliminar
  2. Gustame escribir , por iso quixen participar neste concurso.Unha oportunidade de pór en practica a miña imaxinación.

    ResponderEliminar
  3. Unha experiencia innolvidable e irrepetible para sacar a relucir a miña creatividade:)

    ResponderEliminar
  4. Orgullosa das miñas escritoras e dos meus escritores.

    ResponderEliminar