Páxinas

mércores, 27 de marzo de 2019

REGUEIFAS, ANTONIO FRAGUAS E ROSALÍA

Este martes o alumnado de 4º de ESO pasou unha xornada ben completa e creativa participando en dúas actividades no Museo do Pobo Galego: nun xogo de pistas sobre a figura de Antonio Fraguas, o grande historiador a quen homenaxeamos este ano no Día das Letras Galegas, e nun obradoiro de regueifas, onde os nosos rapaces e rapazas amosaron o seu enxeño coas súas creacións.
Rematamos a xornada visitando a Casa de Rosalía de Castro en Padrón.


 Busto de Antonio Fraguas, no Museo do Pobo Galego








 Xabón de camelia, na Casa de Rosalía de Castro























Velaquí tedes unha divertida presentación da nosa xornada. Non esquezades vela co buscador Firefox.

6 comentarios:

  1. Resultou ser unha saída bastante interesante con actividades entretidas, xa que os que fixemos o xogo de pistas tivemos a sorte de percorrer o museo.
    Íñigo Barreiro 4ºB

    ResponderEliminar
  2. Paréceme unha actividade interesante xa que as regueifas son parte da nosa cultura. Foron actividades moi dinámicas.
    Brais Piñeiro 4°B

    ResponderEliminar
  3. Pareceume unha saída das máis iteresantes deste curso. A actividade das pistas foi moi divertida, pero algunhas eran un pouco complexas. Eu paseino moi ben.
    Henrique Pereira 4ºB

    ResponderEliminar
  4. As actividades que realizamos no Museo do Pobo Galego parecéronme moi divertidas, en especial, a activiade das regueifas, na que eu participei. Nesta actividade, ademais de regueifar pola igualdad, aprendemos sobre a historia das regueifas e o papel das mulleres nelas.
    María Lamas 4ºB

    ResponderEliminar
  5. Paseino moi ben, a miña actividade era a de pistas, era moi entretida xa que tíñamos que percorrer todo o museo en busca de información. Pola tarde visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro. A xornada en xeral estivo moi ben.
    Adrián Vázquez 4B

    ResponderEliminar
  6. En xera gustoume moito todo o percorrido polo museo, pero prestoume especialmente a visita ao Panteón de Galegos Ilustres, onde viitamos a tumba das personalidades máis influintes da cultura galega, tales como Castelao, Rosalía de Castro, Domingo Fonán, Ramón Cabanilas...
    Alejandro Maceda 4ºB

    ResponderEliminar