Que pensariades se vos din simplemente Díxolle que si?, ou que Volveu pasar aínda que ninguén o esperaba. Deberon soltar o ceo...? As microhistorias deixan abertas as portas á imaxinación do lector ou lectora. Ao dinosaurio de Augusto Monterroso estanlle a saír competidores😁
Unha maneira alternativa de gozar de xeito colectivo destes relampos literarios. Nas imaxes tedes algúns exemplos das boas cousas que poden saír do maxín do noso alumnado e do lado bo das redes sociais, que axudan a espallar creatividade!👍👍🌸
Agardamos bastantes máis que tamén expoñeremos no taboeiro do Departamento. Animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario