venres, 5 de marzo de 2021

COMEZA O CONCURSO LITERARIO COCA-COLA 2021

Tacatatacatacatac, tacatacataca, tacatac👇👇👇💻💻💻💻🎶..... Era a música que se estaba a escoitar hoxe na Aula de Informática 2. Asomabas e topábaste con 17 rapazas e rapaces en pleno proceso de creatividade. Hoxe, 5 de marzo, arrincou oficialmente o Certame literario Coca Cola 2021. Lembrade que semanas atrás tiveramos que facer unha preselección literaria de candidatos e candidatas que querían participar no concurso. Ao noso pesar non puidemos contar con todo o mundo e houbo que escoller soamente 17, 10 de 2º de ESO e 3 de 3º de ESO. Para nós é unha ledicia que esperte tanto interese no noso alumnado a creatividade literaria en lingua galega.

Esta fase do concurso adoitaba ter lugar na Facultade de Humanidades de Lugo mais polo protocolo do Covid-19 ten que se realizar de xeito virtual coma case todas as actividades deste ano. Porén comprobamos que nin a Covid nin as restricións restan creatividade nin ilusión. 💡💡💡

Que lles tocou contar?

Pistas: Rodrigo, un veciño raro, pouco sociable, vello, viúvo, que ten por mascota un pastor alemán que case sempre está doente.👴🐕🏡😒... Este foi o estímulo que lles foi enviado para que creen un relato dun máximo de 800 palabras📨💻🔮 

Non sabemos vós, mais nós estamos intrigadas❓❔ por saber máis sobre ese home e estamos certas de que estes alumnos e alumnas van contar unha historia fascinante sobre Rodrigo.

Moita sorte!🍀🍀🍀







 
 







 






1 comentario:

  1. Que sorte contar cun alumnado disposto a crear textos literarios en lingua galega! Seguro que contan cousas ben xeitos as. Parabéns.

    ResponderEliminar