martes, 27 de outubro de 2020

RE-CREANDO LITERATURA 1

 

Unha mostra de como se pode recrear o fermoso poema de Ramón Cabanillas "Camiño longo" (Vento mareiro, 1915), ilustrándoo, como así fixo o alumno Sergio Navia Costa de 4º  de ESO. Excelente resultado!👌🎨

Tamén barallamos a opción de volvelo a prosa... Abaixo amosamos un estupendo traballo colectivo do grupo 4ºC sobre os versos do poeta cambadés voltos a prosa. O tema é triste😔 pero lembrade, é literatura 😍 Bo traballo!


Este é o poema orixinal de Cabanillas:

CAMIÑO LONGO

Camiño, camiño longo,                        
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
e triste e escuro de día...
camiño longo
da miña vida!

Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
vereda torta,
ti onde me levas!

Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
camiño longo
da miña vida!

Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sin ágoa;
sin carballos que den sombra,
nin chouzas que den pousada...
vereda fonda,
ti cando acabas!


E esta é a versión dos nosos rapaces e rapazas:




Ningún comentario:

Publicar un comentario