Unha mostra de como se pode recrear o fermoso poema de Ramón Cabanillas "Camiño longo" (Vento mareiro, 1915), ilustrándoo, como así fixo o alumno Sergio Navia Costa de 4º de ESO. Excelente resultado!👌🎨
Tamén barallamos a opción de volvelo a prosa... Abaixo amosamos un estupendo traballo colectivo do grupo 4ºC sobre os versos do poeta cambadés voltos a prosa. O tema é triste😔 pero lembrade, é literatura 😍 Bo traballo!
Este é o poema orixinal de Cabanillas:
CAMIÑO LONGO
Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
e triste e escuro de día...
camiño longo
da miña vida!
Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
vereda torta,
ti onde me levas!
Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
camiño longo
da miña vida!
Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sin ágoa;
sin carballos que den sombra,
nin chouzas que den pousada...
vereda fonda,
ti cando acabas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario