Ademais de polos seus logros no ámbito da ciencia, especialmente no campo das enfermidades neurodexenerativas, admiramos a Sonia porque segue a usar a súa lingua materna sen prexuízos, por ese motivo, se non o escoitastes antes, amosámosvos esta mensaxe de optimismo sobre a vacina contra o COVID-19 que enviou recentemente dende o seu centro de traballo en Houston👏👏. Tamén nos avisa de que continuemos a ser precavidos porque isto non desaparece de súpeto.👈
Grazas, Sonia, polos teus ánimos, a túa cercanía, e polo enorme esforzo que estades a facer os científicos para loitar contra a pandemia. Escoitar esta mensaxe nun galego tan fermoso aínda nos dá máis forza!💪💪
Ningún comentario:
Publicar un comentario