luns, 27 de abril de 2020

#MiñaCasiñaMeuLar CIENTÍFICAS GALEGAS CONTRA O CORONAVIRUS: SONIA VILLAPOL

Sonia Villapol Salgado é unha científica especialista en Neurociencia, nada en Bretoña (Lugo) posuidora dun currículum brillantísimo. Despois de pasar polos centros de investigación do CNRS e INSERM de París (Francia) e a Universidade de Georgetown (EUA), actualmente traballa no Instituto de Investigación Methodist do Centro Médico de Houston e na Universidade de Cornell en Nova York.

Ademais de polos seus logros no ámbito da ciencia, especialmente no campo das enfermidades neurodexenerativas, admiramos a Sonia porque segue a usar a súa lingua materna sen prexuízos, por ese motivo, se non o escoitastes antes, amosámosvos esta mensaxe de optimismo sobre a vacina contra o COVID-19 que enviou recentemente dende o seu centro de traballo en Houston👏👏. Tamén nos avisa de que continuemos a ser precavidos porque isto non desaparece de súpeto.👈

Grazas, Sonia, polos teus ánimos, a túa cercanía, e polo enorme esforzo que estades a facer os científicos para loitar contra a pandemia. Escoitar esta mensaxe nun galego tan fermoso aínda nos dá máis forza!💪💪

Ningún comentario:

Publicar un comentario