Páxinas

martes, 5 de maio de 2020

#MiñaCasiñaMeuLar CHEAS E CHEOS DE VIDA!

Hoxe queremos enviarvos unha nova mensaxe de forza compartindo convosco esta canción de Guadi Galego, cun título moi suxestivo para estes momentos, Chea de vida. A cantante de Cedeira, xuntou centos de rapaces e rapazas👨👩👧👦 nos estaleiros de Navantia en Ferrol para a gravación orixinal co gallo das Letras Galegas do ano 2017 e o resultado foi espectacular.
Esperamos que vos guste, enviámosvos tamén a letra para que a cantedes e lembrade, Voltaremos vernos por fóra e por dentro!✊💚


Voltar
á terra que vos viu nacer
onde os pobos deixan ver
limpo e mais limpo solpor
Voltar,
onde a pedra viu medrar,
onde as rúas estreitan,
onde os bares non fechan.
Estarei subindo a unha montaña
Estarei buscando a sombra dunha parra
Estarei, estarei, estarei.
Chea de vida
Chea de vida
Chea de vida
Voltaremos vernos noutro momento,
Voltaremos vernos, como un memento.
Voltaremos vernos, por fóra e por dentro.
Voltaremos vernos,
en silencio, con respecto.
En silencio, sen pretensións.
En silencio
En silencio
Estarei subindo a unha montaña
Estarei buscando a sombra dunha parra.
Estarei, estarei, estarei.
Chea de vida
Chea de vida
Chea de vida

Ningún comentario:

Publicar un comentario