Páxinas

luns, 3 de decembro de 2018

XADREZ EN GALEGO

 Co obxectivo de que os nosos alumnos e alumnas melloren a súa competencia matemática, o Departamento de Matemáticas do IES Leiras Pulpeiro participa este curso nun contrato-programa, coordinado polo profesor Manuel Vilariño, no que o xogo do xadrez se vai converter nunha valiosa ferramenta para axudar a resolver problemas matemáticos, mellorar a concentración, a creatividade, o cálculo...,  ademais de fomentar a integración do alumnado e reforzar o compañeirismo e a deportividade.

O EDL, xunto coa Biblioteca e o propio Departamento de Matemáticas, vai colaborar nesta excelente iniciativa, dinamizando o uso da lingua galega nas actividades de xadrez que se vaian realizando ao longo do curso.

Arrincan as actividades con forza coa celebración dun Torneo de Xadrez de Nadal, que terá lugar o domingo 16 de decembro ás 16h.

Animádevos a participar e a entrar no fascinante mundo do xadrez. Van participar perto de cen rapaces e rapazas de toda a comarca.
Moito  👀, que crea adicción!

Ningún comentario:

Publicar un comentario