Páxinas

martes, 4 de decembro de 2018

ARTIGO 3.3. DA CONSTITUCIÓN

Co gallo do Día da Constitución querémonos deter unha miguiña no artigo 3.3, que di que a riqueza das modalidades lingüísticas de España é un patrimonio que cómpre respectar e protexer
Grazas a este estupendo vídeo realizado polo EDL do IES de Ribadeo co alumnado de 2º de ESO, podemos coñecer a actual realidade lingüística do Estado español e de paso, reflexionar sobre o papel das institucións á hora de velar polo cumprimento do punto 3 do artigo 3. Boa ponte a todos e todas! 👋


Ningún comentario:

Publicar un comentario