Páxinas

venres, 30 de novembro de 2018

Homenaxeamos a XABIER P. DOCAMPO petando na porta pola noite

O mellor colofón para pechar o Mes do Medo é homenaxear ao noso benquerido e recordado Xabier P. Docampo, que nos deixou o pasado mes de xuño, realizando unhas lecturas da súa obra máis premiada, Cando petan na porta pola noite, coa que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1995.

Moitas grazas, Laura, Alejandro e Íñigo, os tres alumnos de 4º de ESO, por nos axudar a lembrar a Xabier coa vosa colaboración.

Moitas grazas, Xabier🙏, por nos deixar estas fantásticas historias de medo.








Ningún comentario:

Publicar un comentario