Páxinas

mércores, 16 de outubro de 2019

O LAZARILLO DE TORMES FALA GALEGO

 Ilustración tomada da editorial Vicens Vives
A semana pasada a Real Academia Galega presentou a primeira versión en lingua galega da xenial novela picaresca do século XVI, Lazarillo de Tormes, nunha edición bilingüe cuxos responsables son Pilar Couto e Alfredo Rodríguez, profesores da Universidade da Coruña.
Até agora as fortunas e adversidades de Lázaro estaban traducidas ao catalán e ao éuscaro, mais non ao galego.
O traballo, segundo apuntaron os autores, está feito a partires dunha versión non censurada pola Inquisición.

As ilustracións desta versión galega do clásico da literatura castelá son do século XIX e foron tomadas dunha tradución francesa do Lazarillo.

Agardamos ver un exemplar na nosa biblioteca! 📗

Ningún comentario:

Publicar un comentario