Páxinas

luns, 21 de outubro de 2019

Lecturas no CAMIÑO

Co gallo da estadía dun grupo de profesores e profesoras de Valença do Minho (Portugal), Todi (Italia) e Toulouse (Francia) no noso centro, participantes programa ERASMUS +, coordinado polo IES Leiras Pulpeiro, a Biblioleiras organizou unha sesión de lectura nas linguas dos países participantes do proxecto, na que as nosas e os nosos colegas estranxeiros participaron encantados. Cada profesor/a leu un fragmento dunha obra literaria orixinalmente escrita na lingua do seu país.📖 📖 📖 📖 📖.
Agradecemos a Susana e a Ana, responsables da Biblioteca, que contasen co EDL para participar nesta fermosa actividade. Todo un agasallo para os oídos escoitar textos literarios en diferentes linguas, unha delas irmá da nosa.💕
Estes son os vídeos, que vos gusten!










Ningún comentario:

Publicar un comentario